Luns. 29.04.2024
El tiempo

O goberno popular do Concello da Laracha propón unha subida de impostos en contra da posición do BNG

Pleno Concello Laracha Setembro 2023
Imaxe do pleno de setembro
O goberno popular do Concello da Laracha propón unha subida de impostos en contra da posición do BNG

Envorco ideolóxico puntual na Laracha ante a nova proposta do grupo de goberno do  Concello da Laracha de incrementar as Taxas da recollida de lixo, o Imposto sobre Bens inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Así se votará no pleno de hoxe, xoves 26 de outubro.

O IVTM (Imposto de Vehículos de tracción Mecánica), cun coeficiente de 1,25, os vehículos de 8 a 11,99CV de potencia fiscal, soben un 4,15%, o que supón pasar de 40,90 a 42,60 euros, máis nos de 12 a 15,99 CV soben un 7,17%, polo que pasan de pagar 86,33 a 93,52 euros.

O maior incremento é sobre as Taxas do lixo, que soben un 27% no rural, pasando do 50,92 a 64,8 euros. No urbano soben un 17,37%, pasando a pagar de 63,64 actual a 74,7 euros. As empresas de hostalería e alimentación, pola súa bando, van sufrir un incremento de máis dun 30% se posúen entre 100 e 200 metros cadrados de local, mentras aqueles que se atopan entre 31 e 100 metros cadrados, que supón a maioría, verán un incremento dun 24%. O resto de actividades económicas que se moven nestes mesmos metros, aumenta un 30%.

En canto ao IBI, ainda que é ben certo que a suba é máis moderada (dun 0,40% a un 0,44% no urbano e no rural un poco mais do 0,3 ao 0,4%) ao sumarse ao incremento do resto de imposto municipais que acabamos de nomear, supón agravar aínda máis as dificultades financieiras de boa parte da veciñanza.

Criticas do BNG

Dende o BNG critican esta medida porque consdiera que chega "no peor momento para as familias". "A pesar de que o Partido Popular fai bandeira de ser o partido que aposta por baixar os impostos, aquí vemos como, ante un contexto gravísimo de inflación, o goberno da Laracha, do PP, dá un pau máis á economía das familias e aos autónomos do noso concello", denuncia o grupo nacionalista, que considera máis oportuno que as taxas permanecesen conxeladas.

Comentarios