Venres. 19.04.2024
El tiempo

O surf e o golf tamén concilian

Xornada iniciación ao golf en Larin
Xornada iniciación ao golf en Larín
O surf e o golf tamén concilian

No marco do completo programa de actividades de verán ao aire libre do Concello da Laracha, hoxe cómpre destacar a xornada de iniciación ao golf que disfrutaron 15 rapaces nas instalacións do Hércules Club de Golf, en Larín. Foi unha das novidades do curso, e a rapazada de entre 8 e 11 anos botaron os seus primeiros lanzamentos co put.

Tamén se celebrou a primeira xornada surfeira. A semana celebrábase dúas sesións de bautismo de surf da praia de Caión, unha actividade ideal para este verán post-covid.

Segue en marcha o programa, e de feito No resto de propostas culturais e deportivas aínda hai prazas dispoñibles. Trátase dos campamentos multiactivos a realizar no complexo deportivo do campo de fútbol Municipal da Laracha, a xornada multiaventura e Mazaricos, paintball en Cacheiras de Teo, barranquismo no río Almofrei e paddle surf, kaiak e travesías en barco en Caión.

Novas relacionadas

As actividades de conciliación para o verán da Laracha son ao aire libre

Comentarios