Venres. 29.03.2024
El tiempo

As imaxes do Entroido Virtual da Laracha

A SOMBREIREIRA LOCA no Entroido de Laxe
A Sombrereira Loca no Entroido de Laxe
As imaxes do Entroido Virtual da Laracha

Rematou o concurso de disfraces que organizou oConcello para festexar un Entroido na casa e no que se convidara a participar a todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha, establecendo tres categorías (individual infantil, individual adulto e familiar) e destinando aos premios un total de 1.390 euros.
No certame a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha recibíronse preto de 15.000 votos entre todos os participantes.
A próxima semana o Concello porase en contacto cos premiados, que foron os seguintes:

Concurso en Facebook

Categoría individual infantil:
1. O Barredor (955 gústames): 75 euros.
2. Mani Granjero (692 gústames): 60 euros.
3. Confinamento Pirata (522 gústames): 50 euros.

Categoría individual adulto:
1. A Sombreireira Loca (495 gústames): 75 euros.
2. Payasa (445 gústames): 60 euros.
3. Niña del exorcista (421 gústames): 50 euros.

Categoría Familiar:
1. Pastores cos seus animais (1.411 gústames): 150 euros.
2. Miña nai non me fai caso (1.376 gústames): 100 euros.
3. Vikingas al poder (556 gústames): 75 euros.

Concurso con xurado

Categoría individual infantil:
1. A Cepa Brasileña do Covid: 75 euros.
2. Martín S.L.: 60 euros.
3. Mini Granjero: 50 euros.

Categoría individual adulto:
1. O Paiaso Jrande: 75 euros.
2. A Sombreireira Loca: 60 euros.
3. Popcorn: 50 euros.

Categoría Familiar:
1. Carnaval 2021 en Punta Cama: 150 euros.
2. Ti de Ke Baskf: 100 euros.
3. Almaques: 75 euros.

Entroido de Laxe 2021
Carnaval 2021 en Punta CAMA Laracha

Comentarios