Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Acondicionados para sendeirismo 6 km do río Acheiro

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito reuníronse cunha das cuadrillas nas inmediacións da ponte de A Fraga

O río Acheiro xa ten un paseo que percorrer dende a ponte da Beria (parroquia de Golmar) ata a desembocadura no río Anllóns á altura do lugar de Samiro (parroquia de Vilaño). Así acontece despois do traballo de limpeza e acondicionamento do Concello larachés, que pon en valor así este novo espazo natural para o disfrute dos camiñantes na realización de rutas a pé.

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses son lugares de especial beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal que en moitos casos é descoñecida mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Por iso, dende o Concello animan á veciñanza a disfrutar do Acheiro, o Anllóns o Bradoso ou o Vilán, ríos nos que gracias ás actuacións realizadas son de cómodo acceso a pé e permiten a realización de rutas de sendeirismo.

comentarios