Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Laracha busca apoio para remusealizar o Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar

Centro de Interpretación dos Muíños Golmar
A Laracha busca apoio para remusealizar o Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar

A antiga casa reitoral de Golmar, un edificio do século XIX, alberga desde decembro de 2009 o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

O Museo, recoécido como Centro Azul pola ADEAC dende 2018, é un recurso cultural e turístico de excepción, que recibe visitas tanto culturais como educativas, e o Concello da Laracha quere seguir potenciándoo. Para iso quere modernizar a instalación por medio dun proxecto de remusealización, valorado en máis de 48.000 euros euros, co que se renovarán os seus contidos desde unha tripla
perspectiva conceptual, formal e funcional para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes.

O grupo de goberno local elevará ao Pleno do xoves da próxima semana (28 de setembro) unha iniciativa dirixida a solicitar á Deputación Provincial da Coruña unha subvención nomativa para o financiamento desta ampla e ambiciosa intervención.

Comentarios