A Laracha renova o seu compromiso coa Protectora de Carballo con 400kg de penso

15:29 15/01/20
Este pasado 4 de xaneiro, o Concello da Laracha e o Hospital Veterinariario Xarope, renovaron a súa colaboración coa Asociación Amigos de los Perros. Unha entidade que realiza unha importante función acollendo cans abandonados en diferentes municipios de Bergantiños.
Ambas entidades colaboran achegando á Protectora de Carballo 400 quilos de penso.
A entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.