Sábado. 14.09.2024
El tiempo

A Laracha contará cun novo Obradoiro de Emprego de carpintería e pintura industrial

  • Executarán obras de mellora do paseo fluvial do Anllóns, IES Agra de Leborís, centro sociocultural de Paiosaco, campos de fútbol Municipal e A Porta Santa, nave municipal do parque empresarial, mobiliario urbano e nova caseta para socorristas.
Obradoiro de Emprego en Gabenlle
Alumnado dun Obradoiro de Emprego anterior coidando o paseo de Gabenlle
A Laracha contará cun novo Obradoiro de Emprego de carpintería e pintura industrial

É o Concello da Laracha o que mellor aproveita, de toda a comarca, os Obradoiros de Emprego da Xunta de Galicia. Eses proxectos que permiten contratar durante 9 meses 20 persoas, sacalos do paro e darlles ademais unha profesión.

Este vindeiro curso a A Laracha porá en marcha o seu 9º Obradoro dual, cun orzamento superior aos 541.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegará 412.000 euros e o Concello, 129.000. A isto súmanse outros 18.000 euros que a Consellería achegaría como incentivos á contratación do alumnado traballador por parte de empresas privadas unha vez completada a súa formación. 

A duración do programa será de nove meses e constará de dúas especialidades: a de traballos en carpintería e moble e a de pintura industrial en construción.

Entre as actuacións que acometerá o Obradoiro de Emprego A Laracha IX durante a fase práctica están a mellora do paseo fluvial do Anllóns, o peche perimetral do IES Agra de Leborís, construción e instalación de mobiliario urbano, intervencións de mellora no centro sociocultural de Paisoaco e na nave municipal do parque empresarial, obras de pintura nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco e a creación dunha nova caseta modular para o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión. 

O Concello iniciará en próximas datas a fase de selección de persoal. No caso do alumnado-traballador, as persoas que desexen optar a un dos postos deben estar empadroadas no termo municipal da Laracha, ser maiores de idade e estar inscritas na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e, ademais, como interesadas en participar en programas formativos como este obradoiro. Para a selección do director, docentes (un por cada especialidade), titor-formador, orientador-prospector laboral e auxiliar administrativo que estarán á fronte do obradoiro, farase a correspondente oferta pública de emprego.

Comentarios