Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laracha continúa apostando polos Obradoiros de Emprego

Estrea do novo Obradoiro de emprego da Laracha
Laracha continúa apostando polos Obradoiros de Emprego

É A Laracha, sen dúbida, o Concello que máis aproveita a proposta de formación e emprego que ofrece a Xunta de Galicia a través dos Obradoiros de Emprego. Nos últimos anos leva acollidos varios obradoiros, que ademais aproveita para mellorar as instalacións municipais, mentres forma, dá unha profesión e un soldo a un grupo de moz@s.

Apenas unhas semanas despois de clausurar o obradoiro dual de carpintería e pintura, onte inauguraba o Obradoiro A Laracha VI, centrado na posta en valor de zonas verdes e espazos públicos e dividido en dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e carpintería de madeira e moble.

Son 20 os alumn@s-traballador@s que aprenden e cobran neste proxecto que ten un orzamento de medio millón de euros.

As dúas especialidades realizarán a formación teórica nas instalacións do edificio administrativo da Laracha, ademais de contar cun taller nun dos edificios municipais do parque empresarial. Os proxectos que realizarán consistirán na mellora do paseo fluvial de Gabenlle, a creación dun novo peche perimetral no Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar e a posta en valor de zonas verdes públicas como a área recreativa de Gabenlle e a situada xunto ao parque empresarial, repoboándoas de árbores e vexetación autóctona e dotándoas con mobiliario urbano co propósito de mellorar as súas condicións para promover o seu uso e disfrute por parte da cidadanía.

Novos obradoiros

Comentarios