Xoves. 25.02.2021
El tiempo

Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos

Obradoiro de emprego de deseno grafico en Muxia
Visita institucional ao Obradoiro de emprego de deseño gráfico de Vimianzo
Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos

De aproveitar os Obradoiros de Emprego saben ben na Laracha, un dos concellos que máis partido saca destes proxectos de formación e emprego da Xunta. Uns proxectos fantásticos para a mocidade da comarca, pois conseguen unha formación dunha profesión específica ,pagada, durante 6 ou 9 meses. Pero tamén uns proxectos estupendos para os Concellos, que poden aproveitar os obradoiros para adecentar os seus inmobles, mellorar as súas infraestruturas, ou modernizar os seus servizos

Precisamente A Laracha acollerá un dos novos Obradoiros duais, no seu caso de Conservación Forestal e de Carpintería, sendo xunto aos Concenllos de Muxía e Vimianzo os únicos da comarca que aproveitarán esta oferta. Carnota e Muros; e Santa Comba, son outros concellos da comarca que teñen acollido estes Obradoiros.

Onte, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o obradoiro xuvenil que comezou fai unhas semanas en Vimianzo, no que 16 [email protected] (de Vimianzo pero tamén de Muxía e Camariñas) se forman e traballan en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería.

O curso de Muxía formará a 20 alumnos en promoción turística local e información ao visitante e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

Estes obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses, tralos 6 meses máis formativos.

Obradoiro de Emprego en Vimianzo e Muxia

Novos obradoiros

comentarios