A Laracha contrata 10 persoas para as Brigadas Contraincendios
11:17 13/07/22
Son poucos os Concellos que coidan o seu patrimonio forestal. A Laracha é un deles, como o demostra co seu compromiso co cumprimento da Lei Antiincendios, abrindo mesmo unha oficina informativa. Outro exemplo é a convocatoria pública para contratar 10 persoas formar dúas brigadas municipais de prevención, vixilancia e defensa contra incendios que estarán operativas durante un período de tres meses.
Cada unha das cuadrillas estaría formada por un xefe de brigada, un peón- condutor e tres peóns de brigada.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no procedemento de selección é de 5 días hábiles a contar desde hoxe mércores. As bases poden consultarse ao completo na web municipal www.alaracha.gal.