Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laracha desbroza 71 km de cunetas

Limpeza de cunentas pola zona de Vilanova, en Cabovilaño
Laracha desbroza 71 km de cunetas
O Concello inviste 95.000 euros con fondos propios municipais no acondicionamento de 71 quilómetros lineais de estradas. A EXECUCIÓN DOS PROXECTOS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN DE CUNETAS AVANZA A BO RITMO O propósito é mellorar as condicións, incrementar a capacidade de evacuación e reforzar a seguridade viaria.

Avanzan os proxectos de proxectos de limpeza e conservación de cunetas en estradas de titularidade municipal na Laracha. Traballos qye inclúen a completa limpeza das cunetas, tubos e gabias, a formación do arcén e o perfilado dos noiros, ademais da poda das polas saíntes, o transporte da terra e outra materia vexetal retirada e o desbroce e limpeza superficial do terreo desmontando.

O investimento alcanza os 95.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais, para manter limpos 71 quilómetros lineais da rede viaria local:

• Montemaior: núcleos de A Panela, O Viso, Goexe, Propeste, Santa Margarida, O Canedo, A Chamusqueira, Nebrexe, As Cernadas, A Pena, A Baiuca, A Castiñeira, A Casanova, A Fieira, Vilariño, A Medorra, Casas Longas e O Igrexario.
• Soandres: O Priorato, As Senras e Encián.
• Coiro: Gudís, O Pazo Vello, A Painceira e O Casal do Monte.
• Lemaio: Pedrarrubia, O Pereiro, O Igrexario, A Fraga e A Pedreira.
• Lendo: acceso a O Bastón
• Caión: Xermaña, A Pedreira, O Outeiro e Alvite.
• Cabovilaño: núcleos de O Cancelo de Abaixo, A Telleira, O Igrexario, Padronelo, A Casanova e O Cuartel, e estrada entre O Feal e A Rega.
• Erboedo: Paredes, O Piñeiro, Erboedo de Abaixo, O Igrexario, San Paio, O Campo da Ran e Reirís.
• Golmar: As Talladas e San Cristovo.
• Lestón: O Cruceiro, Centulle e A Porta Santa.
• Vilaño: Fragunde, Fornelos e Vilanova.

82 axudas do PEL

Xa está dispoñible na web municipal (no apartado de “avisos”) a resolución definitiva da concesión das axudas do fondo de financiamento para a reactivación económica e social PEL-Reactiva da Deputación para palia a crise a autónom@s e microempresas. Foron 82 as solicitudes aprobadas, que percibirán subvencións dun mínimo de 1.500 e un máximo de 3.000 euros, ata un totla de 185.000
As empresas e autónomos que resultaron beneficiarios terán agora de prazo ata o día 12 de maio para presentar a documentación xustificativa da subvención. Unha vez realizado ese trámite, o Concello aboará o importe da axuda concedida.

Comentarios