Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Laracha executa a roza de 660 quilómetros das súas estradas

Desbroce
A Laracha executa a roza de 660 quilómetros das súas estradas

Varios meses, dende o final da primavera, leva activa a campaña de roza do Concello da Laracha. Unha campaña que conta con 100.000€, que está ao 85% da súa execución polo que se preve que remate antes de que finalice o mes, unha vez que están intervindo nas últimas pistas e camiños forestais, principalmente, nas parroquias de Montemaior e de Erboedo.

Son un total de 660 quilómetros das súas estradas as acondicionadas nas 13 parroquias larachesas, ademais dos 150.000 metros cadrados de superficie de parcelas municiais como o entorno do sendeiro azul de Caión, espazos de aparcamento das parroquias e outras áreas verdes e equipamentos tanto de entornos urbanos como rurais.

Comentarios