Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Laracha faise cos terreos do menhir de Erboedo para a súa posta en valor

Menhir de Erboedo na Laracha
O Menhir de Erboedo é dos Recunchos da Laracha
A Laracha faise cos terreos do menhir de Erboedo para a súa posta en valor

Despois de expropiar os terreos da Carballeira de San Fins para coidar a contorna do espazo natural, o Concello da Laracha vén de aprobado o proxecto de expropiación dos terreos nos que se sitúa o menhir de Erboedo. Tamén chamado Pedrafita do Marco da Anta, ou Pedra do Ghicho, é un dos fermosos Recunchos da Costa da Laracha, polo que esta actuación servirá para preservar o valor histórico do que é un dos elementos máis importantes do patrimonio arqueolóxico municipal, datado da idade de Bronce.

O goberno local impulsara o Plan Especial de Patrimonio Cultural -que supuxera unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)- precisamente co obxectivo de ofrecerlle a máxima protección a este menhir e a outros seis elementos do catálogo de patrimonio municipal –Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres- e posibilitar a súa adquisición polo Concello para conservalos e poñelos en valor.

A expropiación implica o investimento de 8.000 euros para adquirir unha superficie de 4.651 metros repartidos en tres parcelas catastrais cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes. A taxación foi realizada mediante a capitalización da renda anual da explotación segundo o seu estado. A tramitación é polo procedemento de taxación conxunta.

Agora toca publicar no DOG, un mes de exposición pública, notificación aos propietarios e comezar a realizar as actuacións precisas para o seu mantemento, posta en valor e acondicionamento do terreo e os accesos.

Novas relacionadas

Comentarios