Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo

Menhir de Erboedo Pedrafita do Marco da Anta -Foto-Runner
Menhir de Erboedo Pedrafita do Marco da Anta -Foto-Runner
Recunchos da Costa: Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo

Son poucos os menhires da Costa da Morte. Falaremos en breve do Fuso da Moura (en Niñóns, Ponteceso). Hoxe facemos parada na Laracha, na parroquia de Santa María de Erboedo, ao carón do lugar de O Loureiro, xusto no linde co Concello de Arteixo. Alí atopamos o Menhir de Erboedo, tamén chamado “Marco da Anta”, “Pedrafita dos Montes de Santa Locaia”, “Pedra do Ghicho” ou ata “Pedra do Carallo”.

Un monumento megalítico que forma parte do Plan Especial de Patrimonio Cultural que está desenvolvendo paseniño o Concello. De feito, despois de adquirir os terreos nos que se atopa o Castro de Montes Claros, o Concello está traballando para facerse cos terreos do menhir, mesmo con partiza orzamentaria aprobada.
Precisamente esa entalladura interprétase como un trazo antropomorfo.

Mentres, xa ten acondicionados os roteiros de acceso con xabre natural, colocando mesmo unha sinalización, pero non pode entrar na finca ata que se faga con ela.

Trátase dunha pedra de granito con vetas de cuarzo (destaca a veta que rodea a parte superior que provoca o aspecto fálico) está datada no neolítico (idade de bronce). Situada á beira dun camiño do río Anllóns a súa situación fai pensar que puido ter servido de linde.

Aparece por primeira vez recollidae en 1929 por Carré Aldao na “Geografía General del Reino de Galicia, provincia da Coruña”.

Menhir de Erboedo Pedrafita do Marco da Anta -Fotos-Galiciapuebloapueblo
Fotos-Galiciapuebloapueblo

Como chegar

Máis información

Máis novas

RECUNCHOS DA COSTA

comentarios