Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Laracha instala puntos de recarga de vehículos eléctricos feitos por unha empresa local

Inauguración da estación de recarga de Paiosaco
A Laracha instala puntos de recarga de vehículos eléctricos feitos por unha empresa local

A praza Olonne sur Mer (A Laracha), o campo da feira de Paiosaco e o parque empresarial xa teñen instalados 3 puntos de recarga de vehículos eléctricos. Estacións creadas e postas en funcionamento por Grupo HL Energía coa colaboración do Concello.

Este pasado xoves realizaron unha demostración do funcionamento dos postes de recarga, que teñen unha potencia de 22 quilovatios (kW) e dispoñen de dúas tomas, polo que poderá darse servizo simultaneamente a seis vehículos entre as tres localizacións. Para poder empregalos é preciso que o usuario descargue unha aplicación móbil a través da que tamén se realiza o pago do servizo. As instrucións para facelo están dispoñibles nas propias estacións de recarga.

ITV

As unidades móbiles para realizar inspeccións técnicas de vehículos agrícolas e de ciclomotores e motocicletas visitarán A Laracha durante o mes de novembro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello.
A de vehículos agrícolas estará os días 12, 13 e 16, mentres que a de ciclomotores soamente estará o día 6. En todos os casos instalarase na praza Olonne sur Mer (explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís).
As persoas interesadas poderán consultar os horarios dispoñibles e reservar cita previa desde os 30 días anteriores ao da chegada da unidade móbil. Hai dúas vías: en liña na web www.sycitv.com ou telefónica chamando ao 902309000.

Novas relacionadas

Comentarios