Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Laracha instalará cámaras de seguridade

2023.04.03.- Rúa Río Anllóns
Obras para poñer de sentido único a Rúa Río Anllóns
A Laracha instalará cámaras de seguridade

O Concello da Laracha vén de decidir instalar datas un sistema de cámaras de vídeo vixilancia en puntos de entrada ao termo municipal da Laracha e noutras zonas de control estratéxico. Cámaras que actuarán de apoio ao labor da Policía Local para unha máis eficiente xestión do tráfico e para facilitar o esclarecemento de accidentes e infraccións.

Os dispositivos estarán vinculados co sistema de xestión Appolo, o software informático que axiliza a xestión administrativa e operativa da Policía Local, axudando así aos efectivos do corpo de seguridade municipal ao desempeño das súas tarefas relacionadas coa monitorización do tráfico.

Este novo sistema de seguridade viaria suporá para o Concelllo un avance tecnolóxico que aportará inmediatez na información viaria nos puntos máis conflitivos. As cámaras non só aportarán o visionado permanente -as 24 horas do día e os 365 días do ano- dos vehículos que cruzan polo seu campo de visión e o rexistro das imaxes, senón que tamén recoñecerán matrículas de modo automático para alertar no caso de que se trate, por exemplo, de automóbiles roubados ou con algún expediente aberto. 
As imaxes que sexan recollidas polas vídeo cámaras serán custodiadas pola Policía Local e poderán ser empregadas para uso legal en caso de ser requirido.

Comentarios