Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Laracha instalará paneis solares no pavillón municipal para abastecer varios ediificios

  • Prevese alcanzar un autoconsumo do 56,7 %.
Polideportivo da Laracha
A Laracha instalará paneis solares no pavillón municipal para abastecer varios ediificios

Interesante iniciativa do Concello da Laracha. Coa axuda dp Instituto Enerxético de Galicia vai realiar un proxecto de instalación dun sistema de produción de enerxía fotovoltaica ao abeiro da convocatoria de subvencións para programas vinculados ao autoconsumo eléctrico e ao almacenamento no sector das administracións públicas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo.

A iniciativa impulsada desde o Concello consiste na colocación de paneis cunha potencia total de 99 Kw sobre a cuberta do pavillón polideportivo Municipal da Laracha para abastecer varios edificios municipais na modalidade de autoconsumo colectivo con compensación de excedentes. O lugar escollido considérase o máis idóneo porque permite aproveitar a pendente existente, pola orientación sur e por minimizar o impacto visual dos paneis. Ademais, o proxecto inclúe acometer melloras na propia cuberta desa infraestrutura deportiva.

Este sistema fotovoltaico considérase especialmente favorable para a configuración dos consumos dos edificios municipais, que está concentrado nas horas centrais do día coincidindo coa franxa de maior produción eléctrica. En concreto, as instalacións que se contempla abastecer son a Casa do Concello, o edificio de servizos múltiples, o edificio administrativo, a biblioteca da Laracha, a escola infantil ‘A Galiña Azul’ e a Casa da Cultura.

Segundo os estudos realizados polo Concello, o autoconsumo con respecto ás cifras actuais sería do 56,7 %, o que implicaría tanto a redución de máis da metade das emisións de CO2 como da factura eléctrica nas citadas instalacións.

O orzamento alcanza os 200.000 euros, sendo a axuda do Inega de 86.625 euros e financiándose a parte restante con fondos municipais. O Concello xa ten encargada a redacción do proxecto e a pretensión é levar a cabo a actuación durante o ano 2024, reservando nos orzamentos municipais para o próximo exercicio a correspondente partida económica.
 

Comentarios