martes. 26.08.2025
El tiempo

A Laracha lanza unha nova campaña de Compostaxe Doméstica

Programa compostaxe domestica
A Laracha lanza unha nova campaña de Compostaxe Doméstica

Nova campaña de compostaxe doméstica na Laracha dirixida a aquelas persoas residentes en vivendas unifamiliares que dispoñan de parcela anexa. 

A iniciativa consiste na cesión gratuíta de composteiros domésticos e kits de compostaxe combinada con campañas informativas e asesoramento por parte de persoal especializado que acudirá ás propias vivendas para a súa implementación e, posteriormente, para realizar o seguimento e aconsellar sobre o uso axeitado.
Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e está realizado en material 100 % reciclado. Conta cunha tapa superior con peche anti-vento e dobre apertura, así como cun sistema de montaxe sinxelo. Os kits de compostaxe están compostos por aireador de aceiro inoxidable, rede antirroedores e manual en papel impreso coa información necesaria para a correcta realización da compostaxe.

Aquelas persoas e familias que desexen formar parte do programa de compostaxe doméstica xa poden facer a reserva gratuíta do seu composteiro cumprimentando este formulario online ou poñéndose en contacto co Concello.

Actualmente son preto de 400 vivendas do termo municipal as que xa contan cun composteiro individual grazas aos programas levados a cabo nos últimos anos polo Concello.

Comentarios