Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laracha prendeu o Nadal pensando no comercio local

Alumeado de Nadal Laracha 2020 2
Laracha prendeu o Nadal pensando no comercio local

Así de fermosa quedou a Praza do Concello da Laracha, tralo acendido da iluminación de Nadal realizado este venres.

Mentres, o Concello lanza unha campaña de consultoría e asesoramento dirixida a visibilizar o comercio local. Baixo o lema “Téndelle a man ao pequeno comercio!” desde o Concello ofrécese aos profesionais dos diferentes sectores comerciais a posibilidade de acceder, de xeito gratuíto, a unha consultoría personalizada por medio da cal persoal especializado na materia realizará unha valoración da situación actual de cada comercio baseada na análise das súas ventas e, a partir deses datos, analizar onde debe poñerse o foco para tratar de aumentar o volume de negocio.

Calquera establecemento comercial ou profesional que desexe formar parte do programa Téndelle a man ao pequeno comercio! pode facelo cubrindo en liña o formulario que está publicado na web municipal www.alaracha.gal.

Concurso de Escaparates

Cumpre 25 anos o concurso de escaparates da Laracha, e nesta edición do certame repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades: a valoración do xurado e o concurso que se realizará na Páxina de Facebook municipal.
Aqueles establecementos e locais comerciais que desexen participar deben inscribirse como data límite o venres 18 de decembro.
Os galardoados en ambos concursos serán anunciados día 30 de decembro.

Novas relacionadas

Comentarios