Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Laracha prepara a área de recreo canino

A Laracha prepara a área de recreo canino

Esta semana comezan as obras para a creación da área de recreo canino, que se habitará nunha parcela de titularidade municipal situada na confluencia das avenidas Manuel Fraga e Bos Aires. Cun investimento de 35.000, a empresa SYR-AMG, abrirá esta zona que permita que os animais, poidan xogar ceibos, realizar exercicios para manter a saúde e favorecer a socialización con outros cans.

A parcela que albergará a área de recreo canino presenta unha superficie duns 1.300 metros cadrados e coa actuación proxectada quedará integrada no entorno urbano no que se sitúa. Será dividida en varios espazos adaptados ás necesidades que presentan as diferentes razas de cans polas súas características, condutas e tamaño.
O acceso ao recinto contará con dobre porta e un valado perimetral co obxectivo de evitar que os cans poidan escapar del, unha marquesiña con banco, unha fonte de dobre uso para persoas e mascotas, un dispensador de bolsas e un contedor de excrementos.

O equipamento do recinto completarase cunha ducha de arco e bebedeiros de auga potable para os cans.

Comentarios