Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Laracha prepara a licitación de dous equipamentos para o IES Agra de Leborís

IES Agra de Leborís
IES Agra de Leborís
Laracha prepara a licitación de dous equipamentos para o IES Agra de Leborís

Paralizadas quedaron as tramitacións de licitación pública no Concello da Laracha polo COVID. Pero dende o Concello teñen xa listas dous proxectos para sacar a licitación, por case 350.000€, no marco do Plan especial de equipamentos educativos do IES Agra de Leborís.

Por unha parte está a urbanización da vía de novo trazado aberta desde a prolongación da Avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo (antiga 1ª travesía López Astray). Inclúese a pavimentación da calzada, construción de beirarrúas, axardinamento, sinalización horizontal e vertical, creación das redes de saneamento e abastecemento e a canalización soterrada dos servizos de rede eléctrica, telecomunicacións e iluminación pública.

Por outra banda está o proxecto de creación dunha nova pista polideportiva descuberta, que terá unhas dimensións de 42x25 metros e nas que se marcará lonxitudinalmente unha pista de fútbol sala regulamentaria e, transversalmente, dúas pistas de baloncesto.

Pleno

O pleno deste martes 5 de maio, ás 13:30h na Casa da Cultura ten como único pundo da orde do día a aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario-suplemento de crédito 01-2020.

Doazón

 Doazón alimentos Laracha en Dúas Rodas

Nova doazón na Laracha, onde representantes do club ciclista Laracha en Dúas Rodas realizaron esta tarde unha entrega de alimentos non perecedeiros ao Concello. A achega consistiu en 240 litros de leite, 38 paquetes de galletas, 54 paquetes de macarróns, 48 bricks de tomate frito, 30 latas de atún.
A distribución dos alimentos entre as familias con menos recursos será a cargo dos servizos sociais municipais.

Melloras en Lestón

As obras municipais continúan en marcha, entre eles dous proxectos de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón, no núcleo urbano de Paisaco (xa practicamente rematada a fase de pavinmentado) é a estrada ata Lestón, que suman un investimento total de 140.000 euros.

Mellora viaria Lestón-Laracha

comentarios