martes. 01.07.2025
El tiempo

A Laracha prepárase para vivir unha noite de aventura para descubrir o Castro de Montesclaros

Tempo e Bruxula Laracha
A Laracha prepárase para vivir unha noite de aventura para descubrir o Castro de Montesclaros

Este sábado 17 de maio ás 20:30, o centro deportivo e social Tempo, situado na Laracha, organiza unha actividade moi especial e aberta a todos os públicos: "Tempo de Brúxula e Lúa", unha emocionante proba de orientación nocturna pensada para desfrutar da natureza, do deporte e da compañía.

A actividade, que se desenvolverá ao caer o sol, levará aos participantes polos camiños e recunchos máis emblemáticos da contorna de Vilaño, cun punto máxico no Castro de Montesclaros, onde haberá unha pequena sorpresa.

O reto consiste en atopar diferentes balizas agochadas co axuda dun mapa que se entregará ao inicio. Pódese participar individualmente, por parellas ou en grupos (familias, amigos, etc.). Non hai escusa: nenos, maiores, adultos e mesmo mascotas teñen cabida nesta aventura! 

Recoméndase traer chaleco reflectante e lanterna, xa que parte do percorrido realizarase coa luz do solpor e noite.

A inscrición está aberta cun prezo de 18€ para adultos e 12€ para nenos, con descontos especiais para temporeiros e membros da comunidade do Adro de Vilaño.

Pódese reservar praza directamente no centro Tempo, chamando ao 682 690 676 ou escribindo polas redes sociais a @tempo_alaracha.

Esta misión foi premiada nos premios PEL da Deputación de A Coruña o ano pasado, cómo a mellor iniciativa empresarial nova. De feito, a esta mesma semana a Deputada de industria, emprego e medioambiente Rosa Ana López, achegouse a coñecer e ver de primeira man o impacto do galardón no negocio, animando a outras empresas a presentarse na actual convocatoria aberta.

Comentarios