Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Laracha, presente no Foro Municipalista da Lusofonía en Santo Tomé e Príncipe

En
Fondo Galego de Cooperacion en Principe
A Laracha, presente no Foro Municipalista da Lusofonía en Santo Tomé e Príncipe

Nova presenza intenracional do Concello da Laracha, coa participación dos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López no IV Foro Municipalista da Lusofonía organizado polo
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Santo Tomé e Príncipe.

Un foro que se desenvolve no país centroafricano baixo o lema ‘Gobernanza local para o desenvolvemento sostible’, e que ten como obxectivos a promoción do intercambio de experiencias na xestión municipal, incrementar o coñecemento sobre a realidade do Sur Global e fomentar alianzas internacionais.

Participan representantes de Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique e Portugal, ademais de galegos de Gondomar, Allariz, Burela e Nigrán, ademais dos bergantiñáns.

 A delegación reuniuse para dar pasos cara a constitución formal da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía coa fin de poñer en marcha proxectos de envergadura que contribúan ao cumprimento da Axenda 2030 nos municipios galegos e os dos países de lingua oficial portuguesa.

Durante estes días os representantes do Concello da Laracha participarán nas sesións do evento sobre ‘Desafíos da gobernanza e instrumentos innovadores para o desenvolvemento sustentable’ e ‘A coordinación sectorial para o equilibrio económico, social e sustentable’, nas que exporán as claves da xestión municipal en materia medioambiental, centrándose especificamente no proxecto ‘Alanat’ e na primeira actuación piloto que está prevista na área verde do parque empresarial.
Outras iniciativas que se detallarán son a posta en valor da Ribeira de San Fins, o proxecto de creación dun centro de transformación agroalimentaria en Cumiáns e as boas prácticas municipais en materia de recollida de residuos sólidos urbanos.

Máis novas

Comentarios