Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Laracha tamén comeza unha campaña de trampeo contra a avespa velutina

Laracha tamén comeza unha campaña de trampeo contra a avespa velutina

Comeza a primavera e Laracha é outro dos concellos que poñen en marcha a campaña de trampeo contra a avespa velutina. fundamentais son estes meses antes do verán para cazar a meirande parte de raíñas, e evitar así que se fagan novos niños.

Coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil as trampas serán colocadas máis de medio centenar de trampas en zonas públicas situadas en puntos estratéxicos das trece parroquias que conforman o termo municipal.

Invitan ademais aos veciños, e apicultores especialmente, a solicitar un lote formato por dúas trampas para colocar nas súas fincas e dous litros de líquido atraínte, que poden pedir cubrindo este formulario online.

h2>Novas relacionadas

Comentarios