Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Carballo abre unha nova campaña contra a avespa velutina

nino de velutina en Carballo
Presentación da nova campaña contra a velutina cun niño espectacular
Carballo abre unha nova campaña contra a avespa velutina

Non marchou. Os datos do ano pasado ratifican que a avespa velutina continúa a súa expansión pola comarca, polo que cómpre que os Concellos recuperen as campañas contra esta especie invasora. En Carballo presentaban onte a nova campaña de trampeo, que fai en colaboración cos apicultores.

Faino mentres comproba a afectación deses traballadores que están moi en contacto co campo, como a propia brigada de obras que ten que traballar en tractores estancos e co antídoto antipicaduras ben preto.

”Aínda que acabar coa velutina semella unha misión imposible, reducir a poboación de avespas e as súas consecuencias é posible grazas ás campañas anuais de trampeo”, explican dende o pioneiro na materia concello carballés.

A campaña arrinca coincidindo co momento no que as avespas espertan do seu letargo invernal. Cómpre durante estes tres vindeiros meses capturar a maior cantidade de raíñas posibles, porque “non hai niño sen raíña nin raíña sen niño”.

Cambio na xestión.

Tanto os representantes municipais como os apicultores presentes lamentaron o cambio de xestión na loita contra a avespa asiática despois de que a Xunta de Galicia decidise asumilo, provocando un retraso na extiparción dos niños. De feito, en 2020 elimináronse en Carballo uns 400 niños, case a metade que o ano anterior, cando era o Concello de Carballo o que prestaba o servizo directamente

Rexistro informático

O concello abre un rexistro onlilne para coñecer a situación das trampas, de xeito que quen queira colaborar pode descargar o formulario de solicitude do material, nesta ligazón.

Novas relacionadas

comentarios