Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños

Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños
Camariñas finaliza a campaña de trampeo con preto de 10.000 raíñas de velutina atrapadas · Agora é o momento de retirar os niños que se formen, para o que se se debe chamar ao 112 en canto se detecten. · O trampeo segue a ser esencial para evitar a formación de futuros niños.

Queda ratificado o aumento da presencia de Avespa velutina na comarca. Así o din os números de concellos que tratan de loitar contra esta praga como Zas ou Carballo, mentres o resto miran para outro lado. E así o ratifican os da campaña de trampeo do Concello de Camariñas, que comezou en febreiro e deu capturado 10.000 raíñas capturadas. Unha cifra, en todo caso, semellante á do ano pasado.

Decidiuse rematar a campaña de trampeo xa que nos últimos días as trampas, de índole caseira, non estaban a capturar só raíñas se non que aparecían outros insectos polo que non tiña sentido continuar.

Eliminación de niños

Agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio para loitar contra a velutina ao que se adheriu o Concello.

Novas relacionadas

comentarios