Xoves. 28.10.2021
El tiempo

A Laracha vólcase na busca de Curro: o papagaio de Carmen

O loro Curro desaparecido na Laracha
Curro
A Laracha vólcase na busca de Curro: o papagaio de Carmen

Hai animais especiais, que nos sacan sorrisos nos momento máis duros e provocan que nos esquezamos dos problemas por un momento. É o caso de Curro, un papagaio de 2 anos, que aproveitando un descoido desapareceu da súa casa o luns á tarde e ainda non voltou. Curro non é unha mascota calquera, reparte alegría por alá por onde pasa. É especialmente importante para Carmen, a súa dona, á que esperaba na casa cando saia de recibir as sesión de tratamento da enfermedida que padece, para saudala e cantarlle.

No seu repertorio musical destacan grandes éxitos como "La cucaracha" ou o "Alabaré, alabaré", cancións que Carmen lle ensinaba a cantar.

Dende o luns non teñen noticias del e a familia está desesperada. Están a pegar carteis, organizar batidas e crear unha intensa campaña en redes sociais para atopalo. Curro ten plumaxe verde, unhas manchas amarelas na cabeza e unhas pequenas manchiñas vermellas nas ás. Está anillado nas dúas patas e ten microchip.

É difícil de describir con palabras o moito que queren na casa a este papagaio tan parlanchín, que lle fai moita compaña a Carmen. Insisten en que Curro é máis que unha mascota para ela, así que se lle pide á poboación que se Curro, parou nalgunha casa por favor avisen ás autoridades municipais ou chamén ao seguinte teléfono móvil: 629 940 581.

comentarios