A Laracha xa aprobou os orzamentos de 2023
O alcalde, José Manuel López Varela referiuse aos orzamentos como “reais, prudentes e cautelosos”, e concluíu apuntando que agarda “subilos a 12 millóns de euros a final do ano, do mesmo xeito que se fixo co anterior exercicio”.
O Gasto Corrente leva o 56% dos orzamentos, un 12 % máis con respecto ao exercicio anterior sendo os factores principais o aumento dos prezos das fontes enerxéticas e a revisión á alza dos custes de diferentes servizos que se prestan desde o Concello - limpeza, mantemento de zonas verdes, xestión dos centros sociais, etc.-. O Concello inclúe as partidas para a posta en valor do Castro de Montes Claros ou a progración deportiva e cultural municipal.
No apartado de protección social e promoción do emprego, ao que se destina o 23 % do total, recóllense os gastos derivados de todos os equipamentos adscritos aos servizos sociais (escola infantil, centro de día e fogar residencial, centros sociais), programas como o servizo de axuda no fogar e o Harmoniza para facilitar a conciliación, actividades para a promoción da igualdade, o fondo de emerxencia social, a achega municipal para o Plan de Transporte Metropolitano e o financiamento de iniciativas dirixidas a mellorar as capacidades profesionais dos cidadáns para facilitarlles a inserción no mercado laboral.
Como principal novidade, o alcalde apuntou que en 2023 o Concello impulsará un
En investimento van 1,6 millóns de euros (o 16 %) do total, terá por destino a mellora de infraestruturas e equipamentos municipais. As catro actuacións contempladas nos presupostos son a rehabilitación da antiga casa reitoral de Montemaior para convertela nunha infraestrutura moderna que funcionará como albergue xuvenil, centro de referencia para o sector primario e punto de encontro para a veciñanza, a renovación do céspede sintético do campo de fútbol Municipal da Laracha, a ampliación das instalacións do punto limpo e a achega municipal para a cofinanciamento, xunto a Augas de Galicia, do proxecto de mellora da rede de abastecemento que prevé a creación dun novo depósito de cabeceira e dunha estación de bombeo de auga potable coas súas correspondentes canalizacións.