Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis de 400 familias interésanse pola Aula Mentor da Laracha

Máis de 400 familias interésanse pola Aula Mentor da Laracha

Durante o primeiro mes dende o seu anuncio, pasan de 400 as familias que se interesaron na Aula Mentor. O programa de formación en liña non regulada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, estréase na Laracha este curso.

De feito, o Concello vén de abrir o prazo de matrícula, a través da web aulamentor.alaracha.gal/. Aquelas persoas que desexen realizar algún curso e aínda non se puxeran en contacto co administrador, poden facelo de maneira presencial, vía online a través da web ou tamén por teléfono ou whatsapp no 669963094.

A Aula Mentor conta cun extenso catálogo de máis de douscentos cursos titorizados por profesionais da materia cos que ampliar as competencias tanto persoais como profesionais, xa que as persoas que finalicen con éxito a formación recibirán o correspondente certificado oficial.

Novas relacionadas

Comentarios