En marcha o novo Obradoiro de Emprego da Laracha VII
Serán 9 meses de traballo-formación, na que os participantes sairán, co seu soldo e cun certificado de profesionalidade, 10 en cada unha das modalidades: a de pintura industrial en construción –que centrará as intervencións en edificios públicos e equipamentos de titularidade municipal- e a de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais.<(/p>
Dúas especialidades con “saída laboral” como recoñecía o alcalde, que sinalou que foron 80 persoas as que se presentaran ás 20 prazas.
Aspaber
O alcalde, José Manuel López Varela, e a directora do centro especial de emprego da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Dolores Fernández, formalizaron hoxe o novo contrato do servizo de limpeza viaria no termo municipal. O acordo segue a mesma liña dos anteriores pero inclúe a limpeza das praias de Caión. Este contrato ten unha duración de catro anos prorrogables por outros dous e está valorado nun total de 661.000 euros máis o IVE correspondente.
Cómpre lembrar que o procedemento de contratación fora dirixido exclusivamente a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de persoas con diversidade funcional.