Mércores. 01.05.2024
El tiempo

En marcha as obras de ampliación do Punto Limpo da Laracha

Obras punto limpo Laracha
alcalde, José Manuel López Varela, acompañado polo concelleiro de Obras Públicas e Urbanismo, Pablo Cambón, asinou xunto ao director da obra e aos representantes da empresa adxudicataria a acta de replanteo do proxecto de ampliación e mellora das instalacións do punto limpo
En marcha as obras de ampliación do Punto Limpo da Laracha

En marcha as obras do proxecto de ampliación e mellora das instalacións do punto limpo da Laracha. A intervención permitirá incrementar os espazos e reforzar os servizos que o punto limpo ofrece á cidadanía, optimizando así o procedemento de xestión do material de reciclaxe e daquel que polas súas características require dun tratamento específico e non debe depositarse nos contedores de residuos sólidos urbanos.

O proxecto contempla a urbanización dun sector da parcela contigua ao punto limpo para a creación dun novo espazo con acceso pola entrada principal que complemente ao xa dispoñible no momento actual. Así, facilitarase ao persoal o desenvolvemento das tarefas de recepción, separación, clasificación, almacenamento e control dos residuos para a súa posterior derivación ao xestor correspondente.

Tamén está prevista a construción de dúas marquesiñas cubertas (unha para o depósito de contedores e realización de labores de mantemento por parte do persoal das instalacións e, a outra, para contedores especiais), plataformas para incrementar a cantidade de contedores dos diferentes tipos de residuos, zona de aparcamento de vehículos e áreas axardinadas.

O proxecto suporá un investimento de 250.000 euros a cofinanciar entre o Concello e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Comentarios