A mocidade da Laracha abre a mente en Venecia
Xa vimos que ben está a rapazada larachesa que disfruta do intercambio en Berlin. Hoxe toca viaxarmos ata Venecia, onde outro grupo de 11 mozos laracheses de entre 18 e 30 anos de idade están a participar nun programa de intercambio xuvenil. Unha oportunidade única gracias ás relacións establecidas entre A Laracha e outros municipios e entidades de diversos países do continente no marco dos programas de irmandamento desenvolvidos a través de Europe for Citizens co financiamento da Unión Europea.
O grupo larachés, en ruta dende o 2 ao 9 de xullo, conta tamén con tres monitoras, sendo unha deles a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.
Nos primeiros días da estancia puideron coñecer os puntos máis destacados da propia cidade de Venecia, así como as illas de Murano e Burano. Nas próximas xornadas visitarán outras localidades próximas e realizarán actividades de tipo cultural.
Unhas viaxes que axudan a abrir as mentes da nosa mocidade, fomentar a aprendizaxe doutras linguas e a contribuír á construción da cidadanía europea.