Maruja, a nova centenaria na Laracha

10:23 17/12/21
María Rodríguez Fuentes, Maruja, celebrou onte o 100 aniversario na súa vivenda do lugar de As Orxeiras, na parroquia de Golmar, na Laracha. Un Concello onde residen 8 veciños con máis dun século de vida, dos cales cinco son mulleres e tres son varóns.
María Rodríguez ten dous fillos (Antonio –co que reside- e Germán), cinco netos (Alberto, Eva, Vanesa, Nuria e Germán) e sete bisnetos. Dáse a circunstancia de que o bisneto máis maior, Adrián, tamén cumpre hoxe 11 anos.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López, visitárona para facerlle entrega, en nome da Corporación municipal, dunha placa conmemorativa e un ramo de flores.