Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unhas obras provocan unha fuga de gas en Montesclaros

fuga de gas bombeiros laracha
Unhas obras provocan unha fuga de gas en Montesclaros

Ata a Urbanización Montesclaros, na Laracha, tiveron que desprazarse os Bombeiros de Carballo este mediodía de luns, por mor dunha fuga de gas provocada por uns obreiros que estaban realizando unha excavación cunha excavadora e romperon unha tubería.

Os obreiros estaban abrindo unha zanxa cunha mini-pala e a un metro de profundidade romperon unha tubería de gas, deixando saír gran cantidade do produto.

Os Bombeiros accederon ao recinto dos depósitos que abastecen esa rede e pechar as chaves de paso de saída. Unha vez ventilada a zona, permitiuse aos obreiros voltar á zona, á espera dos técnicos da empresa instaladora para realizar a reparación da avaría.

Non houbo danos persoais nin materiais.

fuga de gas bombeiros laracha. 2

Comentarios