Venres. 29.03.2024
El tiempo

A oposición pregunta polo PXOM e polo Parque Infantil da urbanización Monte Claro

Parque_MonteClaro
Así se atopa o parque infantil de Monte Claro
A oposición pregunta polo PXOM e polo Parque Infantil da urbanización Monte Claro

Dúas preguntas chegan dos grupos da oposición no Concello da Laracha.

PSOE

O PSOE da Laracha volve alertar sobre as deficiencias no parque infantil da urbanización Monte Claro, en Cabovilaño. A portavoz socialista no Concello, Palomi Rodríguez Castiñeira, traslada as queixas da veciñanza polo abandono do parque e o deterioro das instalacións (as randeeiras están actualmente precintadas, por exemplo), polo que reclama “melloras urxentes” nas instalacións.

Lembran ademais que “hai máis de dous anos, en xullo de 2019, o PSdeG-PSOE presentou un rogo no pleno onde se trasladaba a preocupación da veciñanza polos estragos no mobiliario”.

Paralamente o grupo socialista levará tamén a pleno unha pregunta sobre as deficiencias do transporte escolar en varios centros educativos públicos do concello, preguntando que medidas específicas se aplicarán trala reunión do Concello coa Xunta.

BNG

Pola súa parte, o BNG pregunta pola revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en 2003. Explican que hai evidentes necesidades para adaptano ao novo marco legal (cambio de circunstancias económicas, poboacionais, sociais; xa pasou un prazo 10 anos desde a súa aprobación).

2 novos coches para a Policía Local

Paralelamentee, a Xunta de Goberno Local celebrada onte foron adxudicados dous contratos de subministracións que teñen por fin incorporar senllos vehículos ao parque móbil da Policía Local. Un deles adquírese en propiedade e o outro, mediante o sistema renting. E

Comentarios