sábado. 04.10.2025
El tiempo

Un Outono de Contos para as crianzas da Laracha

Outono de Contos Laracha
Un Outono de Contos para as crianzas da Laracha

Unha das citas culturais clásicas da programación municipal é o Outono de contos que o Concello organiza cada ano nestas datas co dobre obxectivo de ofrecer ao público infantil e familiar unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio e espertar nos máis pequenos o interese pola literatura infantil para favorecer aos hábitos de lectura.

A edición deste ano de Outono de contos constará de catro funcións que se van realizar na Laracha, Paiosaco e Caión, con esta programación:

  • Venres 10 ás 18:30 h na Casa da Cultura: As peripecias de Xurxo, de Malasombra produccións. Dirixida a maiores de 3 anos. Comedia que aborda o maltrato escolar e o acoso, pero tamén a empatía, o respecto e a amizade.
  • Venres 17 ás 18:00 h no Centro Sociocomunitario de Caión: As aventuras de Mariña, de Galeatro. Dirixido a maiores de 3 anos. Sesión de contacontos que combina a narración oral e o teatro de monicreques. O fío condutor é a loita contra a contaminación.
  • Venres 24 ás 18:00 h no Centro Sociocultural de Paiosaco: Contos de Caverna, de Lila Teatro. Dirixido a maiores de 5 anos. A peza, pensada tamén como unha homenaxe aos maiores, é protagonizada por dous vellos que pasan o seu tempo enredando con contos que aprenderon de novos.
  • Domingo 26 ás 12:00 h na Biblioteca da Laracha: Cu-cú, tas-tás, contacontos para bebés de Barriga Verde consistente nun espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.

 

Comentarios