mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Outono en Marcha de Senda Nova descobre os tesouros de Montemaior

Outono en Marcha de Senda NOva por Montemaior 1
O Outono en Marcha de Senda Nova descobre os tesouros de Montemaior

Xa está a tope o senlleiro programa Outono en Marcha de Senda Nova, que cumpre a súa 13ª edición. Este pasado domingo, medio centenar de persoas uníronse á Senda das Capelas, mergullándose na parroquia larachesa de Montemaior.

A serpe de camiñantes percorreu a parroquia entre os núcleos relixiosos de Sta Margarida e o igrexario parroquial de Sta María Magdalena, e visitou lugares como O Viso, onde quedan restos dunha antiga fortificación e onde se ubicou unha das capelas que da nome ao percorrido.

Un percorrido que nunca defrauda e unhas interesantes paradas para o coñecemento, sobre todo a que comparten Suso e María dende a Casa Rural de Cumiáns de Abaixo. Alí, hai referencias ao curtidoiro en 1852 e achega ata os nosos días as dependencias principais onde se desenvolvía un penoso traballo de curtido de peles.

Outono en Marcha de Senda NOva por Montemaior 2

A vindeira cita, xa aberta a participar en sendanova@hotmail.com ou a través do 611 037 617, será o domingo por Razo Baldaio.

Máis novas

Comentarios