luns. 02.12.2024
El tiempo

O paseo marítimo de Caión sofre un acto vandálico en pleno estado de alarma

Reiníciase a actividade en obras de mellora das infraestruturas públicas promovidas polo Concello da Laracha
Reactivacion das Obras rúa David Mallo na Laracha
Reactivacion das Obras rúa David Mallo na Laracha
O paseo marítimo de Caión sofre un acto vandálico en pleno estado de alarma

Este luns, efectivos da Policía Local atopaban destrozadas unhas 35 balizas de alumeado público do paseo de Caión. Alguén adicouse a destrozar cada unha das balizas da zona do paseo que comunica a praza Eduardo Vila Fano co aparcamento da praia, xunto á entrada principal ao areal, o que suporá un gasto de 15.000€ ás arcas públicas.

A Policía Local iniciou unha investigación para tratar de dar coa persoa (ou persoas) responsable destes feitos, que son especialmente graves ao significar, ademais, o incumprimento das medidas de confinamento durante o estado de alarma decretadas polo Goberno.

Acto vandalico no Paseo Marítimo Caión
35 balizas coma esta foron destrozadas no paseo de Caión

Volven as obras

Este luns volveron á actividade as obras municipais na Laracha, tralo levantamento das restricións de determinados sectores profesionais non esenciais. Volveron ao traballo os operarios que están erguendo o centro comunitario de Caión, na zona da Insua. O proxecto está valorado en total en 1,2 millóns de euros.

Ademais, retomouse a actividade en localizacións da parroquia de Torás. No núcleo urbano da Laracha estase a traballar novamente na humanización das rúas e Urbano Lugrís e Emilia Pardo Bazán (antigas 2ª e 3ª travesía Eusebio Bértoa Queijo) e tamén na rúa David Mallo Gómez e o seu entorno.
Outros puntos de actuación na zona rural de Torás son as estradas Cillobre-Gabenlle pola zona dos Castros e as vías Riotorto-A Barreira e Mirón-A Cachada.

Comentarios