Pecha unha semana o punto limpo da Laracha polas súas obras de ampliación
Se estades gardando elementos para levar ao punto limpo do Formigueiro, na Laracha, é o momento, xa que do 30 de setembro ao 5 de outubro, permanecerá pechado polas obras de ampliación.
Dende o Concello entenden que se trata dun equipamento municipal chave para a conservación do entorno e o respecto do medio ambiente, xa que ofrece á cidadanía a posibilidade de desbotar aqueles residuos domésticos que polas súas características non poden depositarse nos colectores de lixo con garantía de que recibirán o tratamento axeitado, mesmo recuperando os máximos compoñentes posibles para a súa reciclaxe.
De aí a importancia de melloralo, cun investimento de 250.000 euros.
Reapertura e horario
A actividade habitual recuperarase o próximo día 7 de outubro, con horario de apertura os luns de 15:00 a 20:00 h, os mércores e venres de 16:00 a 20:00 h, e os sábados de 9:00 a 14:00 h.