Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Plan Integrado de Emprego da Laracha consegue 50 insercións

Imaxe da entrega de diplomas
O Plan Integrado de Emprego da Laracha consegue 50 insercións

Gran satisfacción no Concello da Laracha polas cifras de inserción acadadas no programa integrado de emprego que se desenvolveu xunto coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 50 participantes conseguron emprego e outros 50 que melloraron a súa empregabilidade ampliando a súa formación e competencias profesionais. Desde xeito superouse sensiblemente o propósito de inserción inicial, fixado no 36% por cento.
O programa levou un proceso individualizado dirixido ao crecemento persoal e profesional a través de accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas en empresas e prospección e intermediación laboral. En todos os casos a formación impartiuse en aulas habilitadas no edificio administrativo da Laracha (teórica) e nos Centros Socioculturais de Paiosaco e Lendo.

As liñas de traballo estiveron baseadas en catro itinerarios profesionais: loxística e almacén, hostalería e restauración, novas tecnoloxías e cuestións como as técnicas de coaching, habilidades, sociolaborais, fomento da capacidade emprendedora e obradoiros de mobilidade. Ademais, preto de 20 participantes realizaron prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas, permitíndolles entrar en contacto co mundo laboral, incluso algúns dos participantes acadaron un contrato laboral nas empresa nas que fixeron as prácticas.

Comentarios