Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Novo recorte con “nocturnidade e alevosía”: a Xunta peche unha das tres unidades de Primaria do CEIP de Caión

O BNG leva o caso ao Parlamento, mentres a comunidade educativa se mobiliza
Nenas de primaria do CEIO de Caion
Nenas de primaria do CEIP de Caión
Novo recorte con “nocturnidade e alevosía”: a Xunta peche unha das tres unidades de Primaria do CEIP de Caión

Continuamos descubrindo, en pleno verán, e sen tempo a reaccionar, os novos recortes en materia de educación que a Xunta ten previsto para o vindeiro curso. Se o ano pasado a Laracha xa sufrira o peche da Escola de Montemaior, este ano tamén procederon o peche do CEIP do Pino do Val, así como o agrupamento de tod@s @s nen@s de Primaria do CEIP de Sardiñeiro nunha soa aula. Esta semana, a comunidade educativa do CEIP de Caión enteirouse dun novo recorte que lle toda directamente: a Xunta pecha unha das 3 unidades de Primaria coas que conta o centro.

Unha medida tomada con “nocturnidade e alevosía”, xa que a dirección enteirouse a través. do Concurso da CADP a través da cal estes últimos anos envían unha mestra de reforzo para poder desdoblar esa 3ª aula “habilitada” de Primaria. Este ano non chegará ese reforzo, e o comunican coa Inspección xa practicamente de vacacións (non contesta aos correos), e sen tempo a reaccionar para moitas familias que se cadra non lles presta ter ás súas crianzas xuntas en grupos de 3 en 3 anos.

”Seguimos co proceso de desmantelando o rural”, lamenta Paco Rey, presidente da ANPA Balea. “A supresión dunha unidade educativa suporía unha peor atención aos nosos fillos; máxime cando hai dous alumn@s con Necesidades Específicas de Apoio Educativa (NEAE)”, explica a ANPA nun comunicado de apoio á Dirección e de loita para evitar o recorte: “Temos nenos, non números”, sinalan.

Na mesma liña combativa, e para nada politicamente correcta, exprésase o director do centro, José Roca. “Por que non máis importante os números que os nen@s?”, pregúntase explicando ademais que serían 17 nen@s na primeira aula (6 de 1º, 7 de 2º e 4 de 3º) e 19 na segunda (7 de 4º, 6 de 5º e 6 de 6º), ao límite das 20 prazas que ten a Xunta marcada como cifra límite para recortas nas aulas multinivel. Máis grave é a cousa tendo en conta que o ano que vén chegan dende Infantil 13 nen@s, polo que terán que volver habilitar unha aula de novo.

Outro tema grave é o tema dos protocolos COVID. “Graves incongruencias hai no discurso sobre os protocolos e o procedemento de agrupamentos”, sinala Roca.

A nivel educativo, o director explícao claramente: “Con 2 niveis xuntos trabálllase ben e ten moitas vantaxes, pois por exemplos os maiores fixan moi ben os contidos explicándollos aos pequenos. Pero con 3 é moito máis complicado. De 1º a 3º ou de 4º a 6º hai moita diferencia. Por exemplo, temos o programa Edixgal que nos permite ter un ordenador para os de 6º, pero non para os de 4º. En 1º e 2º temos un programa bilingüe a través do que damos Plástica en Inglés, pero en 3º non…” Son cousas que deixa ao profesorado “frustado e enfadado” despois de todo o levan loitado para mellorar a calidade educativa e modernizando a metodoloxía de aprendizaxe.

Agora a ANPA está traballando nas mobilizacións, “para facer algo de barullo nas redes, algunha concentración con cartelería”… mentres a dirección traballa para intentar manter unha reunión coa Inspección Educativa.

O BNG leva o caso ao Parlamento

O BNG locan vén de poñerse en contacto co deputado Daniel Pérez para levar unha iniciativa no Parlamento Galego en relación co peche dunha unidade no CEIP de Caión. “Desde o BNG opómonos a este recorte nun colexio que conta con varios alumnos con necesidades especiais e onde non se xustifica o peche dunha unidade, polo que demandaremos da Xunta de Galiza o seu mantemento.”

Nocas relacionadas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios