xoves. 14.11.2024
El tiempo

O peche do CEIP do Pino do Val, un novo recorte no ensino público

CEIP O PIno do Val
O peche do CEIP do Pino do Val, un novo recorte no ensino público

Xa avisaba a semana pasada o PSOE. E en apenas uns días a Xunta vén de tomar a decisión do peche do CEIP Pino do Val. Unha decisión vestida como unha fusión de centros, tomada pola Xunta (tras unha reunión privada co Concello e os directores) en contra da maioría das familias do centro, que terán que trasladar as súas crianzas ao veciño CEIP A Picota.

A situación vén de lonxe, pois xa son varios anos nos que hai rumores sobre o posible peche. A situación complicábase cara o vindeiro ano, pois pasaban de 25 a 23 alumn@s, o que en principio ía provocar a perda dunha unidade de Primaria, provocando que tod@s @s nen@s de 6 a 12 an@s compartisen a mesma aula e o mesmo profesor, como está a piques de acontecer no CEIP Sardiñeiro.

Pero as cousas precipitáronse este venres, tras unha reunión mantida en Mazaricos entre o Xefe Territorial da Xunta, os directores dos centros, o Concello, o voceiro do PP local (non foi invitado o voceiro do PSOE, que pedía a semana pasada, polo menos unha moratoria ata o curso que vén, para que as familias tiveran tempo para tomar decisións), e as representantes das ANPAS dos dous centros.

Finalmente, e a pesar fai 15 días a Xunta lle trasladara ás familias o compromiso de manter aberto o colexio con dúas unidades, e de que 15 das 23 familias do Pino do Val votaron en contra da fusión de centros, Educación tomou a decisión a dous meses de empezar o vindeiro curso e con todas as matriculas finalizadas.

As familias recoñecen que “se sentiron enganados tanto dende a dirección do propio centro, que nunca nos tivo informados dos movementos que se estaban a realizar, como dende a Conselleria (que ocultou información), nin dos representantes políticos involucrados, que nunca tiveron intencion de escoitar o sentir dos pais máis alá dos seus intereses”, denuncian.

Agora toca refacer a vida, repensar como Que os alumnos e as suas familias quedan nunha situación de incertidumbre a dous meses do comezo do proximo curso sin que de momento ningun responsable lle informara de como queda a sua situacion para o vindeiro curso

Novas relacionadas

Comentarios