Martes. 19.03.2024
El tiempo

As presentacións á beira do Anllóns collen sona

Presentación libro río Anllóns en Gabenlle-Laracha
As presentacións á beira do Anllóns collen sona

Gran espectación están tendo as presentacións do libro do Instituto de Estudos Bergantiñáns sobre o río Anllóns que se están desenvolvendo á beira do mesmo. Despois do éxito da cita en Ponteceso, na ponte da Garga, o libro presentouse esta pasada fin de semana na área recreativa de Gabenlle, na Laracha.

Asistiron unhas 60 persoas para escoitar as intervencións dos cinco autores da obra: Xan Fernández, Evaristo Domínguez, Antón García Losada, Fernando Cabeza Quiles e Luis Giadás Álvarez. Así, Xan Fernández, presidente
do Instituto de Estudos Bergantiñáns, realizou unha presentación sobre como se levou a cabo o proxecto e explicou as características da parte alta do río, mentres que Evaristo Domínguez abordou a parte baixa, desde Carballo ata a
desembocadura. O biólogo Antón García Losada centrou a súa intervención nos espazos naturais do Anllóns. Fernando Cabeza Quiles, experto en toponimia, falou da hidrotoponomia da zona. Por último, a temática da intervención do profesor de historia Luis Giadás Álvarez xirou en torno ao Anllóns como personaxe literaria.
Pechou a quenda de intervencións o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela.

A xornada estivo amenizada coa actuación musical en directo de María Goris e David Gayoso.

Presentación libro río Anllóns en Gabenelle

Novas sobre o libro

 

Artigos relacionados

Comentarios