Venres. 19.04.2024
El tiempo

Propoñen en pleno que Laracha apoie as demandas da plataforma SOS Sanidade Pública

Imaxe dunha concentración este ano no Centro de Saude de Carballo por unha atención primaria digna
Imaxe dunha concentración este ano no Centro de Saude de Carballo por unha atención primaria digna
Propoñen en pleno que Laracha apoie as demandas da plataforma SOS Sanidade Pública

De cara ao vindeiro pleno deo venres 31 (ás 13:30h), o grupo municipal do BNG da Laracha levará unha iniciativa en apoio ás demandas da plataforma SOS Sanidade Pública. Unhas demandas que van enfocadas á mellora duns servizos sanitarios que, segundo o propio BNG, “se veñen deteriorando desde a chegada de Núñez Feijoo á presidencia da Xunta (especialmente nos últimos anos)”.

A iniciativa invita ao concello a apoiar as mobilizacións convocadas por esta plataforma e a manifestación que terá lugar o 9 de febreiro en Compostela, e pretende que o Concello inste á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a:

  • O cese da política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da nosa área.”.
  • ”Revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade.”
  • ”Reducir as listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos. Publicar as listas de espera ocultas e acabar coa súa manipulación.”
  • ”Paliar a carencia de recursos públicos sociosanitarios da área sanitaria, actualmente moi insuficientes, dadas as características de idade da nosa poboación.”
  • ”Rematar coa política de privatizacións de recursos e de derivar pacientes ás clínicas privadas de xeito innecesario.”
  • ”Rematar coa política de persoal dos servizos de saúde baseada na precariedade e na explotación laboral.”
  • ”Implementar un Plan de Mellora da Atención Primaria, da Saúde Mental e de Atención á Saúde das Mulleres.”

Novas relacionadas

Comentarios