Mércores. 12.08.2020
El tiempo

O PSOE carballés leva ao pleno a carencia de pediatras e falta de solucións por parte da Xunta

Imaxe dunha protesta xa en 2018 contra o precario servizo de pediatría no Centro de Saúde de Carballo
Imaxe dunha protesta xa en 2018 contra o precario servizo de pediatría no Centro de Saúde de Carballo
O PSOE carballés leva ao pleno a carencia de pediatras e falta de solucións por parte da Xunta

A precariedade do servizo de pediatría da Sanidade Pública Galega no rural é máis que patente. Levamos anos denunciando unha situación límite, que obriga ás familias a facer ducias de quilómetros para poder recibir unha atención digna.

En Carballo sufren dende hai anos esta situación, que estes días explica moi ben o PSOE carballés, que leva presenta unha moción para que o vindeiro pleno (celebrarase o último luns de mes) inste ao goberno galego a tomar medidas reais contra esta situación. Unha situación que se pode redirixir ncunha premisa clara: “considerar o servizo de pediatría coa importancia que merece”.

O PSOE acusa ao Goberno popular da Xunta de “concentrar os servizos de pediatría en atención primaria en torno ás vilas e poboacións máis poboadas das comarcas da nosa provincia”. Unha decisión que ten que ver coa “a ausencia de número suficiente de profesionais de pediatría para cubrir toda clase de ausencias provocadas por baixas ou vacacións”.

Para o grupo socialista, que a ausencia de pediatras nos centros de saúde do rural se cubran con medios de familia “manifesta falta de compromiso do goberno galego cara o rural da nosa provincia”, convertíndose nunha ”irresponsabilidade non afrontar, de xeito serio e real, o grave problema demográfico”.

Apuntan ademais diversos problemas que recrudecen o problema da ausencia de profesionais de pediatría:

  • Unha nula vontade do Goberno galego para reclamar do Goberno de España nos últimos anos o aumento notorio de prazas de MIR previa”.
  • ”Deficiente política laboral que prima a inestabilidade e eventualidade nos profesionais”.
  • ”Ausencia de políticas de contratación con visión a medio e longo prazo que non só eviten a fuga de profesionais de Galicia a outras comunidades autónomas, senón que procure incorporar ao sistema galego a profesionais doutros lugares”.

Medidas

De aí que o PSOE, propona á Corporación Local que inste o Goberno galego a:

  • ”1. Dotar da maior estabilidade posible aos/as profesionais de pediatría, traballadores do Sistema galego de saúde, co obxecto de que non se consolide a súa precaria situación laboral, evitando así a fuga de profesionais por motivos de condicións laborais.”
  • ”2. Retrasar voluntariamente a idade de xubilación dos profesionais.”
  • ”3. Desenvolver un plan de contratación de profesionais de pediatría en atención primaria, abrindo a posibilidade de incorporar o maior número posible de especialistas, para obter unha solución o máis áxil posible do problema da ausencia de persoal para o servizo.”
  • ”4. 4. Acordar co Goberno de España a axilización dos procesos de acreditación de prazas de novo ingreso á formación especializada en pediatría, e dotar dos recursos necesarios aos centros sanitarios para que exista a mellor cobertura posible de todo o proceso formativo.”
  • ”5. Continuar coa implantación de enfermaría pediátrica, xa que a pesar da creación da especialidade no ano 2005, o impacto deste novo especialista en atención á infancia en Atención Primaria é escasa ou nula.”.

 

Novas relacionadas co precario servizo de pediatría

comentarios