O PSOE da Laracha presenta unha emenda aos Orzamentos para incluír as demandas da Policía Local

Hoxe o pleno da Laracha votará a proposta de Orzamentos do grupo popular para o 2025. Pero antes terá que decidir sobre a emenda que presentará o PSdeG-PSOE da Laracha.
Unha emenda á totalidade dos Orzamentos, pois como expica a voceira socialista local Inés Ramos López, “é fundamental que se contemplen nelas as reivindicacións do corpo de Policía Local". “Levamos demasiados meses sen Policía Local, e por iso, por este motivo, consideramos fundamental que se teñan en conta estas reivindicacións”, apunta a concelleira.
Dende o PSOE local propoñen que os e as axentes “teñan a porcentaxe de perigosidade, que neste momento na RPT aparece valorada cun 0%”. Tamén que se contemplen pluses por turnicidade e que se equipare a súa retribución salarial á doutros concellos.
“En xeral, que se establezan unhas condicións de calidade, unhas condicións dignas para que o Corpo de Policía Local do Concello da Laracha volva funcionar”, sinala Ramos López.
Máis novas