O PSOE da Laracha volve pedir ao Concello que negocie coa Policía Local
Se por Cee os 7 axentes de Policía Local están de baixa, pola Laracha pasa algo parecido. O Concello está sen axentes operativos dende maio. En verán incorporáronse 3 auxiliares, pero 2 terminaron esta semana o seu contrato e un deles tivo que coller a baixa por mor dun accidente. Mentres, a negociación do Concello cos axentes, para equilibrar o soldo, non avanza.
Así o denuncia, por segunda vez, o PSdeG-PSOE da Laracha, que pide ao alcalde que se sente a "negociar, falar e entenderse que as persoas que traballan ao seu cargo".
A socialista lamenta que "isto deriva en problemas de seguridade graves, xa que a semana pasada entraron a roubar no Concello, e ao día seguinte no IES Agra de Leborís".
Ademais, a voceira socialista destaca que dende o ano 2022 está adxudicada a elaboración da RPT a unha empresa privada: "Xa denunciamos outras ocasións que este traballo podería facelo un técnico do Concello, podendo aforrar esta cantidade".
Máis novas