Luns. 29.04.2024
El tiempo

A rapazada e adolescencia larachesa definen o futuro Plan da Infancia e Adolescencia

A rapazada e adolescencia larachesa definen o futuro Plan da Infancia e Adolescencia

Continúa avanzando o interesante I Plan Local de Infancia e de Adolescencia da Laracha. O Concello, despois de convocar o primeiro encontro o mes pasado, invitou aos protagonistas a tomar “posesión” como “conselleiros/as” do Espazo de Participación de Nenos, Nena e Adolescentes.

A Biblioteca Municipal da Laracha contou cun total de 20 "conselleiros/as" que realizaron  de dinámicas participativas coa intención de validar a diagnose da situación da infancia e da adolescencia. Así, resaltáronse aspectos negativos e positivos do municipio, así como posibles actuacións para conseguir una mellor situación para todas as idades, pero en especial para eles e elas.

Como tal, destacaron como aspecto positivo a convivencia existencia entre a veciñanza: “Encántame moita xente que é veciña miña sexan moi amables, que nos intentemos botar unha man sempre”.
Do mesmo xeito, destacáronse os espazos naturais do noso municipio.

Seguidamente, como cuestións a atender, sinaláronse a importancia dun espazo público máis seguro para poder camiñar e recorrer en bici e máis bonito, verde e colorido e no que, especialmente nos parques, conten con equipamento para todas as idades. Por último, estableceuse en todo momento a importancia de que a participación sexa a característica principal para a posta en marcha destas melloras, como foi no caso da opción dos murais artísticos: “Podemos facer que teñamos paredes máis bonitas e que un artista debuxe algo precioso, pero temos que tamén facer que todos nos sintamos identificados con debuxo, teremos que decidilo todos”.

Participación no Consello Autonómico de Infancia

No próximo encontro a celebrar a volta do verán, abordarase a selección do/a representante no Consello Autonómico de Infancia. A iniciativa de participación a nivel autonómico, establécese como un espazo de encontro entre os diferentes órganos de participación de infancia existentes en Galicia. Na mesma, o concello da Laracha contará con representación, a cal terá que ser escollida polos conselleiros e conselleiras do Espazo de Participación.
 

Con estas accións procúrase que a redacción do 1º Plan Local de Infancia e de Adolescencia se realice dun xeito participativo, multidepartamental e no que se teñan en conta as opinións e as propostas dos nenos, nenas e adolescentes.

Comentarios