Che de Pedro recibe a Declaración de Recoñecemento e Reparación Persoal como vítima do franquismo
Cada ano, aí por xaneiro, Mazaricos acolle o Día de Loita da Veciñanza Comuneira, da man da o Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO). Unha data que serve para lembrar a memoria José Esperante París, coñecido como "Che de Pedro", alma daquel movemento veciñal de 1963, que acabou coa súa vida.
Esta mañá, o goberno central quixo renderlle unha homaxe e delegado do Goberno fíxolle entrega á familia de José Esperante París (Ché de Pedro) da Declaración de Recoñecemento e Reparación Persoal. Pedro Blanco destacou a necesidade de restaurar a memoria democrática como alicerce da nosa sociedade, e valorou o recoñecemento "a quen foron perseguidos polas ditadura".
"Houbo persoas como José Esperante que, por defender o seu territorio e o seu medio de vida, foron perseguidas e asasinadas pola ditadura", sinalou Blanco", así que estas reparacións serven tamén para "devolverlles a palabra, a memoria e o lugar na historia que lles corresponde a todos eses labregos e labregas que loitaron polos montes veciñais fronte ás repoboacións forzosas do réxime franquista”. "Isto tamén serve para honrar a dignidade dun pobo enteiro que non se dobregou ante a inxustiza".

O acto contou coa presenza de representantes do INGATECO, que promoveu a solicitude do recoñecemento, entre eles, o seu presidente, Claudio Quintillán. No acto estiveron tres dos catro fillos de Che de Pedro, que lembraron que Ché de Pedro, foi sasinado o 22 de xaneiro de 1963 por disparos da Garda Civil cando, xunto con outros veciños e veciñas, defendía o Monte Veciñal de Eirón, Mazaricos, fronte a incautación que pretendía o réxime franquista para a repoboación veciñal. A súa morte e as feridas doutros tres veciños convertéronse nun símbolo da loita labrega polas defensas dos terreos comunitarios e da resistencia fronte á represión franquista no rural galego. De aí as celebracións anuais en Mazaricos:
Novas das homenaxes de 2025 a 2022



