Este sábado estréase do Slálom ‘Concello da Laracha’

A Laracha volverá ser referencia no calendario galego de automobilismo ao acoller unha proba de motor. Será este sábado coa celebración da primeira edición do Slálom ‘Concello da Laracha’, penúltima do total de nove citas puntuables para o campionato galego 2023 e na que podería decidirse o título da categoría Xeral.
O Slálom é unha proba automobilística na que os participantes demostran a súa pericia e habilidade ao volante evadindo obstáculos artificiais como conos ou portas. Ao comportar constantes cambios de dirección, nesta disciplina priman as competencias dos condutores no control do vehículo sobre a potencia, xa que a velocidade é menor que noutro tipo de probas.
O I Slálom ‘Concello da Laracha’ deste sábado farase nun circuíto de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude con máis de un centenar de obstáculos que se habilitará na parte norte do parque empresarial.
Hai inscritos cincuenta e cinco participantes entre todas as categorías (Xeral, Clases 1, 2 e 3, Feminina, Debutantes e Iniciación).
O inicio da proba, cos adestramentos libres, será ás 10:00 horas.